Publicouse o día 1/10/2025 unha relación de subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra para entidades deportivas.
A nosa solicitude recibiu unha adxudicación de 1.012’67 €, cantidade que deberemos xustificar a partir do peche do exercicio deportivo de 2025.
A Xunta Directiva e o Presidente estamos satisfeitos pola axuda. Aínda que é menor que a de 2024, colaborará a mellorar as contas do exercicio, especialmente nun ano que estamos a axustar recursos para o vindeiro ano, co fin de evitar novamente resultados económicos negativos.
Agardamos que no 2026 poidamos axudar economicamente a máis actividades deportivas.






