Xistra – Himalaia 2026: Un 8.000 para Galicia

O Clube de Montaña Xistra lanza o seu proxecto máis ambicioso: unha expedición a un 8.000 do Himalaia en 2026 (Makalu), liderada por Roberto López, Deportista Galego de Alto Nivel e referente do alpinismo galego.

Por que é importante?

O alpinismo de expedición é un deporte minorizado que require unha loxística custosa e sen apoios estables. Esta campaña permitirá financiar permisos, material e transporte para que Galicia estea representada nunha das cimas máis esixentes do mundo.

Un reto deportivo con impacto social

Roberto combina alto rendemento con proxectos humanitarios en Nepal, apoiando a nenos sen recursos e colaborando con iniciativas solidarias internacionais.

O teu apoio fará posible que Galicia alcance un novo 8.000… e que este proxecto siga xerando impacto na montaña e na sociedade.

Donacións Desgravables no IRPF e no ISS: https://www.amareterra.org/terramove/c0febc6e-c4cc-44b9-840b-19f9aa28751f

Esta entrada fue publicada en Varios. Guarda el enlace permanente.