This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Sun Nov 24 4:33:09 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Aberta a inscrición para colaboradores - Marcha Veteranos FEDME --------------------------------------------------- Ábrese a inscrición para os “Colaboradores” (ou voluntarios) de Xistra. A partir de hoxe e durante o mes de maio agardamos os vosos correos electrónicos ou chamadas telefónicas indicando a vosa disposición para colaborar na organización da XLI Reunión e Marcha Nacional de Montañeiros Veteranos FEDME. Lembrade que será o 13 e 14 de setembro de 2014 en Entrimo (Ourense). Precisaremos persoas colaboradoras os días 12, 13 e 14, non sendo obrigatorio axudar tódolos días. Así precisamos algúns poucos colaboradores o venres 12, máis persoas o día 13 pola mañá, moitos máis axudantes o mesmo sábado pola tarde e, loxicamente coincidindo coa marcha do domingo, será necesaria a participación de moita máis xente o día 14 (para inscrición e controis, avituallamentos, marcaxe de ruta, equipos de seguimento e eventuais accidentes, grupo vasoira, etc.). Para os socios que non poidan participar como voluntarios, pero que teñan claro que queren asistir coma participantes, tamén está aberta a inscrición no club dende xa. --------------------------------------------------- Images: http://41marchanacionalveteranos.com/wp-content/uploads/2013/11/BannerNoticiaWeb80x80.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2014-05-13 15:54:59 Post date GMT: 2014-05-13 14:54:59 Post modified date: 2014-05-13 15:54:59 Post modified date GMT: 2014-05-13 14:54:59 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com