XXX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos
09/09/2018
INSCRICIÓN E PAGO AQUÍ PARA SOCIOS DE XISTRA
Organizan: Os Sendeiros de Foz – FGM
A marcha será polo río Ouro e praias de Foz (Mariña Lucense).
Os participantes recibirán un tríptico informativo e unha bolsa de avituallamento.
Rematada a Marcha haberá un xantar de confraternidade, para os que o desexen, polo prezo de 15 € no restaurante XOIÑA de Foz.
Os participantes con 40 anos cumpridos recibirán un agasallo conmemorativo.
Sairá un autobús dende a Praza de España de Vigo, ás 6:30h, polo prezo de 12 €.
Terá paradas en Pontevedra e Santiago de Compostela, se se solicita (indicádeo no momento de inscribirvos)
Habera un bus, para desprazarse ata a saída, para aqueles que se acheguen en coche ata Foz. O lugar de encontro para os que veñan de fora de Foz en coche e bus será, no restaurante Xoiña en Foz, as 9:45h, comezo da marcha as 10:15h.
Tríptico da actividade