This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri Mar 29 1:41:08 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Aberta inscrición Marcha Veteranos FGM - 09/09/2018 --------------------------------------------------- XXX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos 09/09/2018 INSCRICIÓN E PAGO AQUÍ PARA SOCIOS DE XISTRA Organizan: Os Sendeiros de Foz - FGM A marcha será polo río Ouro e praias de Foz (Mariña Lucense). Os participantes recibirán un tríptico informativo e unha bolsa de avituallamento. Rematada a Marcha haberá un xantar de confraternidade, para os que o desexen, polo prezo de 15 € no restaurante XOIÑA de Foz. Os participantes con 40 anos cumpridos recibirán un agasallo conmemorativo. Sairá un autobús dende a Praza de España de Vigo, ás 6:30h, polo prezo de 12 €. Terá paradas en Pontevedra e Santiago de Compostela, se se solicita (indicádeo no momento de inscribirvos) Habera un bus, para desprazarse ata a saída, para aqueles que se acheguen en coche ata Foz. O lugar de encontro para os que veñan de fora de Foz en coche e bus será, no restaurante Xoiña en Foz, as 9:45h, comezo da marcha as 10:15h. Tríptico da actividade --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/cartelVeteranos2018-150x150.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2018-07-23 13:42:19 Post date GMT: 2018-07-23 11:42:19 Post modified date: 2018-07-23 13:42:19 Post modified date GMT: 2018-07-23 11:42:19 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com