This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Sat Nov 23 11:41:28 2024 / +0000 GMT

Aberta inscrición Ponteareas25km e Marcha Solidaria 12km


O Concello de Ponteareas en colaboración co Clube de Montaña Xistra anima a participar na marcha puntuable do Open de Andainas de Regularidade “Ponteareas25km” ou na RUTA SOLIDARIA de 12 km que se celebrarán o domingo 27/10/2019.

A inscrición da proba de 25km debe realizarse na páxina web de galitiming http://cort.as/-SEOF

A inscrición da proba de 12 km Ruta Solidaria de Ponteareas debe realizarse nesta web http://cort.as/-SEwm , cumprimentando o formulario anexo. Este percorrido ten unha finalidade benéfica polo que cada participante deberá doar un produto de hixiene e/ou alimentación non perecedoira para o Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas, a entregar no punto de saída.

Os participantes na marcha de 25 km tamén poden aportar doazóns co mesmo fin.

A marcha de 12 km sairá ás 10:00 a.m. / a marcha de 25 km sae ás 9:00 a.m.
Post date: 2019-10-08 12:22:44
Post date GMT: 2019-10-08 10:22:44
Post modified date: 2019-10-08 12:22:44
Post modified date GMT: 2019-10-08 10:22:44
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com