Abrimos hoxe a inscrición para o II Open de Andainas 25km. Este ano hai algunhas novidades: Cambia de nome algunha proba e incorporamos un destino novo.
A primeira proba será a de MontesDeVigo25km é partirá dende o Campo de Fútbol do Coruxo no Fragoselo. Será o día 8 de marzo de 2015.
Logo virán as probas de Gondomar25km, a novidade de Pontedeva25km e finalizaremos na interesante proba de Tui25km.
É importante suliñar que este ano axustamos os prezos de inscrición e que podedes beneficiarvos dos descontos por inscrición en varias probas dunha vez. Debedes descargar a folla de excel e encher os datos. Se tendes problemas, contactade co club.
Agardámosvos.
Máis datos e inscricións en https://xistra.org/copaandainas25/