This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Mon Aug 19 21:19:09 2019 / +0000 GMT

Abertas as inscricións para o II Open de Andainas 25km



bannerIIOpen Abrimos hoxe a inscrición para o II Open de Andainas 25km. Este ano hai algunhas novidades: Cambia de nome algunha proba e incorporamos un destino novo.

A primeira proba será a de MontesDeVigo25km é partirá dende o Campo de Fútbol do Coruxo no Fragoselo. Será o día 8 de marzo de 2015.

Logo virán as probas de Gondomar25km, a novidade de Pontedeva25km e finalizaremos na interesante proba de Tui25km.

É importante suliñar que este ano axustamos os prezos de inscrición e que podedes beneficiarvos dos descontos por inscrición en varias probas dunha vez. Debedes descargar a folla de excel e encher os datos. Se tendes problemas, contactade co club.

Agardámosvos.

Máis datos e inscricións en http://xistra.org/copaandainas25/

 

 


Post date: 2015-02-18 00:46:58
Post date GMT: 2015-02-17 22:46:58
Post modified date: 2015-02-24 20:14:45
Post modified date GMT: 2015-02-24 18:14:45

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com