Abren as inscricións para a proba raíña das andainas galegas
OS 100 KM DO BARBANZA
É unha proba non competitiva de sendeirismo de 100 Km a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e pertencente á Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.
Terá como saída Lousame ás 16h do 25 de xuño cun percorrido, balizado, é de 100km polos concellos de Noia, Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Lousame, a completar nun tempo máximo de 24 horas. A proba rematará, polo tanto, ás 16h do 26 de xuño.
As inscricións serán persoais e deben realizarse neste enlace:
https://tracktherace.com/es/os-100-do-barbanza
Listaxe de inscritos:
https://tracktherace.com/es/eventos-deportivos/trail-running/os-100-do-barbanza/participantes