Alí irémonos o día 26 de xaneiro, onde os máis novos gozarán dunha xornada totalmente lúdica, deslizándose pola neve e, como non, facendo o tradicional boneco de neve.
Os non tan novos, que prefiran realizar unha actividade un pouco máis seria, terán a posibilidade de realizar unha «raquetada» sinxela pola zona. Neste caso, se non se dispón do material axeitado, poderán solicitalo prestado ao club con tempo abondo, xa que hai unidades limitadas.
A actividade farase no mesmo día, intentando chegar á estación invernal sobre as 11 da mañá e onde pasaremos o día. Cada un levará o seu avituallamento, sendo recomendable levar algún termo con bebida quente. Como os días son curtos, o retorno farémolo cedo. Non esquecer roupa e calzado de reposto.
Os interesados en participar nesta actividade, enviade un correo ao Club, indicando o número de participantes e a que actividade vos apuntades, se á infantil ou á sénior. Se necesitades raquetas de neve, cubride esta ficha e enviala canto antes para non quedar sen elas.