O día 22 de decembro, se as condicións meteorolóxicas o permiten, subiremos dende Fonte da Cova ata Pena Trevinca a levar un Belén montañés.
É necesario levar equipamento de montañismo invernal. Como hai que comezar a ruta cedo, temos previsto pasar a noite do sábado nun albergue no Barco de Valdeorras, por 8€/persoa (inclúe roupa de cama, cociña, duchas quentes, calefacción).
Os interesados nesta actividade, que se poñan en contacto con Pilar antes do mércores día 18, pra facer a reserva no albergue.