Actividade na Serra de Ancares.
Aínda non chegaron as neves, nin están previstas. Por iso visitar a Serra de Ancares nestas datas permite gozar coas cores do outono e das paisaxes dende os seus cumios.
Esta actividade para socios federados está prevista con chegada a Piornedo o venres 11, con durmidas no hotel (está pendente de consultar prezos) e actividades o sábado e o domingo.
Para reservar prazas e pedir prezos precisamos que os interesados vos inscribades canto antes no formulario seguinte -> AQUÍ RESERVAS.
Último día para inscribirse o martes 8/10/2019