Por motivos alleos á nosa vontade, vémonos obrigados a cancelar a andaina do 25/10/2014 no Concello de Baiona. Adiamos a data desta última proba co obxectivo de poder preparar outra localización.
Aqueles que se apuntasen á de Baiona poden poñerse en contacto co Club para máis información. Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar.