APRAZADA A PROBA DE TUI25km

Notificamos a tódolos inscritos de Tui25km 2018, evento previsto para o día 11, que con motivo das malas previsións meteorolóxicas que ameazan con fortes ventos e situacións de alerta, estamos a dar os pasos necesarios (autorizacións de entidades públicas) para aprazar a proba unha semana. Polo tanto a nova data para a proba de Tui é o domingo día 18/11/2018.

Así mesmo establécese coma nova data de final de inscrición o día 14/11/2018.

Para aqueles inscritos que non poidan asistir á proba a consecuencia do cambio de data ábrese de forma excepcional o dereito a solicitar a devolución da inscrición e disporán ata o luns 12 para poder reclamar os seus cartos. Os interesados nesta devolución deben remitir un correo electrónico que no concepto indique o nome da proba (Tui25km – Open de Andainas), o seu DNI e os seus Nome e Apelidos, e «Solicitude de Devolución Inscrición» dirixido a consulta@championchipnorte.com

Os que non soliciten a devolución ata o día 12 serán considerados inscritos en firme na proba do día 18/11/2018, e non terán dereito á devolución.

Dende o Clube de Montaña Xistra pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar tendo en conta que son alleas a nós e só motivadas polas adversas previsións meteorolóxicas.

Clube de Montaña Xistra

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, Rincón do Socio. Guarda el enlace permanente.