Autorización escalada en rocha de Donón e Cabo Udra

Trepada no tramo final do Fontefría.

As zonas de escalada en rocha de Donón e Cabo Udra, sur da provincia de Pontevedra, atópanse dentro do espazo de Rede Natura 2000, polo tanto toda aquela persoa que desexe practicar a escalada nestas dúas zonas ten que solicitar unha autorización ao Servicio de Proteción da Natureza de Pontevedra. Sen esta autorización, a práctica da escalada pode ser sancionada pola vía administrativa.

Axuntamos un modelo de solicitude que tamén empregamos para as zonas de Enciña da Lastra para realizar o trámite. Lembramos que a solicitude ten que entrar por rexistro oficial, hai que quedarse con copia, e intentar enviala con dúas semanas de antelación as datas previstas da práctica de escalada. Descargar aquí.

         

Esta entrada fue publicada en FGM, Varios. Guarda el enlace permanente.