AXUDAS A SOCIOS MENORES DE 18 ANOS
Aprobouse subvencionar a tódolos socios actuais de menos de dezaoito anos mediante a exención da cota anual e a asunción do custe total dunha licenza A ou B en 2021.
Para os novos socios menores de idade, seguirán vixentes as axudas de anos precedentes.
AXUDAS A SOCIOS MAIORES DE 18 ANOS
Para os maiores de 18 anos que soliciten a tramitación da súa licenza antes do 31 de xaneiro de 2021 estableceranse as seguintes bonificacións:
-
Os socios con licenza en Xistra en ámbolos dous anos 2019 e 2020, e con dereito a axudas por participación en 2019 segundo a listaxe presentada na anterior Asemblea Xeral Ordinaria, terán unha subvención polo custe total dunha licenza A ou B.
-
Os socios que cumpran co requisito anterior e que tamén teñan participado en 2020 na actividade federativa de esquí e raquetas, na marcha de 50 quilómetros de Padrón, nas marchas de 25 quilómetros de Noia ou de Marín, e/ou nos Concursos de Montañismo de Xistra, terán o beneficio dunha subvención polo custe total da cota anual do club.
-
O resto dos socios con licenza en 2020 pero que non cumpran cos requisitos anteriores, e que tramiten a súa licenza durante o mes de xaneiro de 2021, terán un desconto igual a media cota anual social.
Acordo excepcional polo Covid-19 de Xunta Directiva de 11/12/2020 (ver acta aquí).