Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/axudas-excepcionais-covid-19-nas-licenzas-xistra-2021/
Export date: Thu Nov 21 12:46:56 2024 / +0000 GMT

Axudas excepcionais Covid-19 nas licenzas Xistra 2021


AXUDAS A SOCIOS MENORES DE 18 ANOS


Aprobouse subvencionar a tódolos socios actuais de menos de dezaoito anos mediante a exención da cota anual e a asunción do custe total dunha licenza A ou B en 2021.
Para os novos socios menores de idade, seguirán vixentes as axudas de anos precedentes.



AXUDAS A SOCIOS MAIORES DE 18 ANOS


Para os maiores de 18 anos que soliciten a tramitación da súa licenza antes do 31 de xaneiro de 2021 estableceranse as seguintes bonificacións:





  • Os socios con licenza en Xistra en ámbolos dous anos 2019 e 2020, e con dereito a axudas por participación en 2019 segundo a listaxe presentada na anterior Asemblea Xeral Ordinaria, terán unha subvención polo custe total dunha licenza A ou B.




  • Os socios que cumpran co requisito anterior e que tamén teñan participado en 2020 na actividade federativa de esquí e raquetas, na marcha de 50 quilómetros de Padrón, nas marchas de 25 quilómetros de Noia ou de Marín, e/ou nos Concursos de Montañismo de Xistra, terán o beneficio dunha subvención polo custe total da cota anual do club.




  • O resto dos socios con licenza en 2020 pero que non cumpran cos requisitos anteriores, e que tramiten a súa licenza durante o mes de xaneiro de 2021, terán un desconto igual a media cota anual social.




Acordo excepcional polo Covid-19 de Xunta Directiva de 11/12/2020 (ver acta aquí).
Post date: 2020-12-23 21:17:31
Post date GMT: 2020-12-23 19:17:31

Post modified date: 2020-12-23 21:19:56
Post modified date GMT: 2020-12-23 19:19:56

Export date: Thu Nov 21 12:46:56 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com