This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Sat Nov 23 8:06:29 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Axudas excepcionais Covid-19 nas licenzas Xistra 2021 --------------------------------------------------- AXUDAS A SOCIOS MENORES DE 18 ANOS Aprobouse subvencionar a tódolos socios actuais de menos de dezaoito anos mediante a exención da cota anual e a asunción do custe total dunha licenza A ou B en 2021. Para os novos socios menores de idade, seguirán vixentes as axudas de anos precedentes. AXUDAS A SOCIOS MAIORES DE 18 ANOS Para os maiores de 18 anos que soliciten a tramitación da súa licenza antes do 31 de xaneiro de 2021 estableceranse as seguintes bonificacións: Os socios con licenza en Xistra en ámbolos dous anos 2019 e 2020, e con dereito a axudas por participación en 2019 segundo a listaxe presentada na anterior Asemblea Xeral Ordinaria, terán unha subvención polo custe total dunha licenza A ou B. Os socios que cumpran co requisito anterior e que tamén teñan participado en 2020 na actividade federativa de esquí e raquetas, na marcha de 50 quilómetros de Padrón, nas marchas de 25 quilómetros de Noia ou de Marín, e/ou nos Concursos de Montañismo de Xistra, terán o beneficio dunha subvención polo custe total da cota anual do club. O resto dos socios con licenza en 2020 pero que non cumpran cos requisitos anteriores, e que tramiten a súa licenza durante o mes de xaneiro de 2021, terán un desconto igual a media cota anual social. Acordo excepcional polo Covid-19 de Xunta Directiva de 11/12/2020 (ver acta aquí). --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/2013/04/cropped-cabecera-WP-150x150.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2020-12-23 21:17:31 Post date GMT: 2020-12-23 19:17:31 Post modified date: 2020-12-23 21:19:56 Post modified date GMT: 2020-12-23 19:19:56 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com