Informámosvos que, coma tódolos anos, vimos de solicitar as axudas para o deporte que diversas institucións públicas publicaron no que vai de ano: a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia (é a do ano 2017) e a do Concello de Vigo.
Coma sempre: moito traballo administrativo (para uns poucos) e un beneficio económico para tódolos socios.
Agardamos que este ano se dea igual ou mellor que en anos anteriores e poidamos seguir apoiándovos nas vosas/nosas actividades deportivas.
Podedes ver os recursos acadados anos anteriores en https://xistra.org/o-clube/