Burato espazo-temporal !!!

Estimados socios e amigos:
Con motivo do peche do Edificio das Federacións deportivas de Vigo o 31 de decembro, ata o luns 4 de xaneiro non poderemos tramitar novas altas de licenzas. O motivo non é imputable nin a Xistra nin á Federación. O mundo (ou polo menos as chaves do citado edificio) caerán por un burato espazo-temporal inabarcable e, ata despois de Reis, non poderemos seguir coas altas de licenzas 2016. Agardemos que os Magos de Oriente traian entre os seus agasallos unhas chaves e un cérbero con eles… xa non pedimos que sexan chaves de ouro (nin de incenso ou mirra). Saúdos e perdoade a chanza!!

         

Esta entrada fue publicada en FGM, Rincón do Socio. Guarda el enlace permanente.