This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Apr 25 11:07:29 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Burato espazo-temporal !!! --------------------------------------------------- Estimados socios e amigos: Con motivo do peche do Edificio das Federacións deportivas de Vigo o 31 de decembro, ata o luns 4 de xaneiro non poderemos tramitar novas altas de licenzas. O motivo non é imputable nin a Xistra nin á Federación. O mundo (ou polo menos as chaves do citado edificio) caerán por un burato espazo-temporal inabarcable e, ata despois de Reis, non poderemos seguir coas altas de licenzas 2016. Agardemos que os Magos de Oriente traian entre os seus agasallos unhas chaves e un cérbero con eles... xa non pedimos que sexan chaves de ouro (nin de incenso ou mirra). Saúdos e perdoade a chanza!! --------------------------------------------------- Images: http://fgmontanismo.es/wp/wp-content/uploads/fed16-300x155.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2015-12-30 20:35:16 Post date GMT: 2015-12-30 18:35:16 Post modified date: 2015-12-30 20:35:16 Post modified date GMT: 2015-12-30 18:35:16 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com