Cambio do Descenso de Barrancos FGM – Río Cerves

Rapel no río Cerves

Rapel no río Cerves

Tiñamos previsto realizar o descenso de barrancos no río Cal (O Rosal – Pontevedra) pero, tal como indicamos noutra nova recente, o percorrido está impracticable pola perigosidade dos trocos e polas de piñeiros caídos na canle do río (consecuencia dos traballos forestais despois do importante incendio de 2013).

Agora imos facer o descenso no río Cerves (Melón – Ourense) onde xa fixemos a prospección para coñecer como estaba o percorrido. Mantéñese a data do domingo 13 de xullo de 2014. Será pola mañá (o horario está pendente de definir) e temos previsto rematar cun xantar (opcional) sobre as 15h.

É imprescindible saber rapelar e levar o material obrigatorio de descensos. Máis información en Xistra ou nos clubs federados de montañismo de Galicia.
Datos sobre o río Cerves en http://www.barranquismo.net/paginas/barrancos/barranco_del_cerves.htm

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.