Hoxe 27/04/2024 ten lugar o incrible Ogro das probas de 50 km en Galicia… a superproba da Camiñada de Entrimo.
Quizais non hai proba tan dura e esixente como a de Entrimo. Pola súa altitude e pola súa cambiante e dura climatoloxía.
Por iso, ano tras ano, un reducido grupo de irreductibles galegos aínda segue resistindo e acodindo a unha fermosa aldea poboada por magníficos veciños no oeste ourensán.
Terrachán fai de base para esta desexada e temida proba. Unha pena para o que escribe esta nova… que tiña que estar alí, en Entrimo, e que tivo que quedar en casa convaleciente…
Moita sorte, forza e resiliencia para os socios de Xistra que atacan, a maior parte con éxito, esta fermosa proba.