This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Fri May 7 19:41:58 2021 / +0000 GMT

Campamento FGM para xoves - Convivencia en montaña.



A continuación reproducimos parcialmente esta nova interesante que parte da Federación Galega de Montañismo.

DATAS DA ACTIVIDADE DIRIXIDA AOS MÁIS XÓVENES

By FGM |

Xa temos as data DSCF9831 s definitivas da actividade dirixida aos máis xóvenes. Farase durante os días 13 ao 17 de xullo. O autobús que levará aos xóvenes montañeiros galegos sairá o domingo 13 de xullo en dirección do albergue, e regresarán a casa o xoves 17 despois do almorzo. Temos previsto marchar cara as montañas de León na zona de Cubillas. Con eles estarán profesores da EGAM especializados en cadascunha actividade.

A estancia dos máis xóvenes será a pensión completa, aínda que a comida farase no monte, levarán dende o albergue unha bolsa de picnic. Durante os tres días de actividade, farán saídas prácticas de escalada e montañismo. Os rapaces só teñen que levar a súa roupa de montaña, neceser e toalla.

Esta actividade está fortemente subvencionada pola FGM cos obxetivos de fomenar a convivencia entre os xóven@s dos diferentes lugares de Galicia, aprender técnicas de progresión nos diferentes terreos de montaña, contactar coas novas ferramentas de orientación e descubrir outras montañas próximas a nosa terra.

Na vindeira semana publicaremos na páxina web o programa detallado da actividade, co custe final da mesma que non revasará os 175 € por nen@.

No custe final da matrícula inclúese o transporte ida e volta, aloxamento e manutención en réximen de pensión completa todos os días, os profesores e o material de uso colectivo como cordas, mosquetóns, aparellos de rapel e outros.

 

 


Post date: 2014-06-20 19:41:11
Post date GMT: 2014-06-20 17:41:11
Post modified date: 2014-06-20 19:41:11
Post modified date GMT: 2014-06-20 17:41:11

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com