Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/campamento-fgm-para-xoves-convivencia-en-montana/
Export date: Thu Apr 25 20:20:45 2024 / +0000 GMT

Campamento FGM para xoves - Convivencia en montaña.


A continuación reproducimos parcialmente esta nova interesante que parte da Federación Galega de Montañismo.



DATAS DA ACTIVIDADE DIRIXIDA AOS MÁIS XÓVENES



Xa temos as dataDSCF9831s definitivas da actividade dirixida aos máis xóvenes. Farase durante os días 13 ao 17 de xullo. O autobús que levará aos xóvenes montañeiros galegos sairá o domingo 13 de xullo en dirección do albergue, e regresarán a casa o xoves 17 despois do almorzo. Temos previsto marchar cara as montañas de León na zona de Cubillas. Con eles estarán profesores da EGAM especializados en cadascunha actividade.


A estancia dos máis xóvenes será a pensión completa, aínda que a comida farase no monte, levarán dende o albergue unha bolsa de picnic. Durante os tres días de actividade, farán saídas prácticas de escalada e montañismo. Os rapaces só teñen que levar a súa roupa de montaña, neceser e toalla.


Esta actividade está fortemente subvencionada pola FGM cos obxetivos de fomenar a convivencia entre os xóven@s dos diferentes lugares de Galicia, aprender técnicas de progresión nos diferentes terreos de montaña, contactar coas novas ferramentas de orientación e descubrir outras montañas próximas a nosa terra.

Na vindeira semana publicaremos na páxina web o programa detallado da actividade, co custe final da mesma que non revasará os 175 € por nen@.

No custe final da matrícula inclúese o transporte ida e volta, aloxamento e manutención en réximen de pensión completa todos os días, os profesores e o material de uso colectivo como cordas, mosquetóns, aparellos de rapel e outros.

Post date: 2014-06-20 19:41:11
Post date GMT: 2014-06-20 17:41:11

Post modified date: 2014-06-20 19:41:11
Post modified date GMT: 2014-06-20 17:41:11

Export date: Thu Apr 25 20:20:45 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com