This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Mar 28 19:14:37 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Campamento FGM para xoves - Convivencia en montaña. --------------------------------------------------- A continuación reproducimos parcialmente esta nova interesante que parte da Federación Galega de Montañismo. DATAS DA ACTIVIDADE DIRIXIDA AOS MÁIS XÓVENES By FGM | Published junio 19, 2014 Xa temos as datas definitivas da actividade dirixida aos máis xóvenes. Farase durante os días 13 ao 17 de xullo. O autobús que levará aos xóvenes montañeiros galegos sairá o domingo 13 de xullo en dirección do albergue, e regresarán a casa o xoves 17 despois do almorzo. Temos previsto marchar cara as montañas de León na zona de Cubillas. Con eles estarán profesores da EGAM especializados en cadascunha actividade. A estancia dos máis xóvenes será a pensión completa, aínda que a comida farase no monte, levarán dende o albergue unha bolsa de picnic. Durante os tres días de actividade, farán saídas prácticas de escalada e montañismo. Os rapaces só teñen que levar a súa roupa de montaña, neceser e toalla. Esta actividade está fortemente subvencionada pola FGM cos obxetivos de fomenar a convivencia entre os xóven@s dos diferentes lugares de Galicia, aprender técnicas de progresión nos diferentes terreos de montaña, contactar coas novas ferramentas de orientación e descubrir outras montañas próximas a nosa terra. Na vindeira semana publicaremos na páxina web o programa detallado da actividade, co custe final da mesma que non revasará os 175 € por nen@. No custe final da matrícula inclúese o transporte ida e volta, aloxamento e manutención en réximen de pensión completa todos os días, os profesores e o material de uso colectivo como cordas, mosquetóns, aparellos de rapel e outros. --------------------------------------------------- Images: http://fgmontanismo.es/wp/wp-content/uploads/DSCF9831-271x300.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2014-06-20 19:41:11 Post date GMT: 2014-06-20 17:41:11 Post modified date: 2014-06-20 19:41:11 Post modified date GMT: 2014-06-20 17:41:11 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com