This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Sun Nov 24 7:30:06 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: CAMPAMENTO NACIONAL DE MONTAÑA FEDME --------------------------------------------------- No Val de Bielsa do 24 ao 31 de agosto O 68º Campamento Nacional de Montaña da FEDME terá lugar do 24 ao 31 de agosto no Val de Bielsa (Huesca) na zona de influencia do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, sector Pineta, co Monte Perdido e o Macizo da Munia como as montañas máis altas. Está organizado por Montañeros de Aragón Barbastro e a Federación Aragonesa de Montañismo. Os participantes terán á súa disposición o camping Bielsa, o camping Pineta e o Refuxio de Ronatiza da Federación Aragonesa de Montañismo, así como diversos hoteis, albergues e casas rurales. Haberá servizo de Campamento Infantil, suscitado como guardería e ludoteca para nenos de 6 a 12 anos con múltiples actividades, e tamén servizo médico prestado por profesionais sanitarios e membros do club. Máis datos aquí --------------------------------------------------- Images: http://www.clubmab.org/images/stories/0%20067.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2014-05-13 13:05:47 Post date GMT: 2014-05-13 12:05:47 Post modified date: 2014-05-13 16:04:16 Post modified date GMT: 2014-05-13 15:04:16 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com