Campionato Xunta de Galicia de Marcha Nórdica 2025 Individual e por Clubs

Nova Deportiva
Salvaterra do Miño, epicentro da Marcha Nórdica Galega 2025
7 de setembro de 2025 | 09:00 – 14:00

O vindeiro 7 de setembro, Salvaterra do Miño acollerá o Campionato Xunta de Galicia de Marcha Nórdica 2025, nas modalidades individual e por clubs. A proba, organizada polo Club de Montaña Airiños en colaboración co Concello e a Federación Galega de Montañismo, será tamén a terceira cita puntuable para a Copa Xunta de Galicia e o II Open Concello de Salvaterra do Miño.

Trátase dunha competición oficial, federada e cronometrada, fundamental no calendario galego desta disciplina. Unha cita imprescindible para todos os amantes da marcha nórdica.

Inscricións e máis info

Esta entrada fue publicada en FGM. Guarda el enlace permanente.