This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Fri Mar 29 5:05:16 2024 / +0000 GMT

Celebrado cursiño de Descenso de Barrancos



DSCN2006 No Faro Budiño, máis concretamente na zona de escalada, celebramos un cursiño de toma de contacto co descenso de barrancos. Un socio con gran experiencia con axuda doutros barranquistas demos un bautizo de rápel a compañeiros do club.

Coma sempre con altas medidas de seguridade e co material necesario para esta aprendizaxe.

Agardamos ter sementado novas inquedanzas deportivas nos socios noveis que participaron. Un bo día, unha contorna privilexiada e moitas gañas deixaron boas experiencias. Agora toca baixar un barranco.

 

 


Post date: 2014-07-03 21:12:38
Post date GMT: 2014-07-03 19:12:38
Post modified date: 2014-07-03 21:12:38
Post modified date GMT: 2014-07-03 19:12:38

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com