Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/chandrexa-trail-especial-carreiras/
Export date: Sat Apr 20 8:11:17 2024 / +0000 GMT

Chandrexa Trail - Especial Carreiras


Cartel Carreira Chandrexa

Sabedes que o ano pasado comezamos a promoción para as Andainas de 50km. Agora queremos ver ós nosos socios como comezan a participar nas Carreiras por Montaña.

Isto foi o que fixo que xa teñamos a nova indumentaria Xistra Xtremo, e que os nosos socios participaran na Carreira de Viveiro e tamén imos participar na de Maceda. Pero queremos máis.

Interésanos moito que as socias participen nas carreiras e sabemos que algunhas de vós corredes habitualmente. Por iso pensamos que a de Chandrexa pode ser a carreira para dar o salto das "chicas". Así, as que queiran probar nesta carreira deben saber que terán unha camiseta de Xistra Xtremo e un premio adicional de 10€ por rematar. Non fai falta conseguir podio, só rematar e representar a Xistra. As interesadas tendes que avisar canto antes.
Post date: 2013-05-17 18:50:33
Post date GMT: 2013-05-17 16:50:33

Post modified date: 2013-05-17 18:52:53
Post modified date GMT: 2013-05-17 16:52:53

Export date: Sat Apr 20 8:11:17 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com