Os compañeiros do Club Peña Trevinca (Vigo) invítannos a participar nunha charla e proxección moi interesante:
«» O pasado mes de setembro Carlos Garrido Igrexas, de Peña Trevinca, e Juan Riva, de Montañeros Celtas, conseguían escalar os 1200 metros da cara Norte de Grandes Jorasses, unha das máis famosas e difíciles dos Alpes, no macizo de Mont Blanc, situado na fronteira entre Francia e Italia. A vía escolleita foi Colton-Macintyre o que lle suma aínda máis valor a esta conquista.
Aproveitando a estancia de catro días de Carlos en Vigo, ofrécenos a posibilidade de asistir a unha proxección-charla sobre esta actividade. Será o vindeiro sábado DÍA 20, ás 19:30 HORAS no LOCAL da rúa Brasil 46-Etlo., 36204 Vigo. Perfecta ocasión para achegarnos un pouco á escalada de gran dificultade.
Non volo podedes perder! «»
Contra a violencia machista
Redes sociais
CATEGORÍAS
INFORMACIÓN DE INTERESE
MEMORIAS DO CLUB
Novas por mes