Comeza a expedición Xistra 2023 – Manaslu – 8.163m
O domingo 3/09/2023 o noso compañeiro Roberto López comeza a súa aventura para acadar o primeiro 8000 para a historia do noso club.
Unha ascensión ó Manaslu, no Himalaia. Un cumio con 8.163m de altitude.
Tras acadar o ano pasado, no Himalaia nepalí, dous cumios importantes (Island Peak de 6.160m e o Ama Dablam de 6.812m e gran dificultade técnica) agora pon o seu obxectivo no imponente Manaslu.
É o seu primeiro intento a un dos 14 oitomiles existentes. Exactamente ten unha altitude de 8.163 mts, sendo a 8ª montaña máis alta do planeta. Sen dúbida, un gran desafío físico, técnico e psicolóxico.
Na foto vemos a Roberto antes de tomar un dos numerosos voos que terá que coller nesta aventura. O club colabora económicamente na expedición.