Convocada a Asemblea Xeral Ordinaria

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2015
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Pola presente comunicamos a convocatoria para a Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:

Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2014
Resumo de actividades 2014, proxecto 2015.
Axudas a deportistas.
Rogos e preguntas.
Acto de entrega de premios por Concursos de Montañismo Xistra 2014.

Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2015.

ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17, 36209 de Vigo.
O día será o venres 13 de marzo de 2015, en única convocatoria, ás 20:00 horas.
Haberá un acto no que faremos entrega dos trofeos por Concursos de Montañismo. Este ano reciben premio (correspondente á actividade de 2014) os seguintes socios:
3ª Categoría Base (menores de 15 anos):
Alexandre F.L.
3ª Categoría Sénior:
Eduardo Barrosa Picón

Finalizada a Asemblea haberá unha invitación a uns pinchos nun local da zona.
Sen outro particular, recibide un atento saúdo
Henrique Freixeiro
Presidente

Convocatoria en pdf

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, Concursos, Rincón do Socio, Varios. Guarda el enlace permanente.