CONVOCATORIAS ASEMBLEAS XERAIS 2020

Estimado/a socio/a de número:
O Presidente do Clube de Montaña Xistra de conformidade co disposto no artigo 17 dos vixentes Estatutos do Club, convócalle para que asista á Asemblea Xeral Ordinaria e á Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar, a primeira delas, o venres día 17 de xullo de 2020 ás seguintes horas: ás 19:30 horas en primeira convocatoria, ou de non asistir o quórum necesario, ás 20:00 horas en segunda convocatoria. A Asemblea Xeral Extraordinaria será celebrada inmediatamente despois do peche da ordinaria.
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Convocatoria segundo o Art. 17.1 dos Estatutos da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:
1.Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2019.
3.Resumo de actividades 2019, proxecto 2020.
4.Rogos e preguntas.
Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2020.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Convocatoria segundo o Art. 17.2 dos Estatutos da Asemblea Xeral Extraordinaria, co seguinte orde do día:
1.Modificar os Estatutos do Club para incorporar a autorización para a celebración de Asembleas Xerais Ordinarias e Xuntas Directivas mediante medios telemáticos.
IMPORTANTE
Protocolo COVID-19: en cumprimento das medidas socio-sanitarias será obrigatorio o uso de mascara en todo momento e manter a distancia de seguridade entre os asistentes.
Excepcionalmente tódolos interesados deberán solicitar a súa asistencia mediante a inscrición previa en https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/23/inscripcion/nueva dispoñible na web do club.
ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca – Coia), 36209 de Vigo.

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, Rincón do Socio, Varios y etiquetada como . Guarda el enlace permanente.