Curso de Monitor de Club FGM/EGAM

A Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) realizará o curso de Monitor de Clube durante as seguintes datas, 23/24 de novembro e 30 de novembro e 1 de decembro deste ano 2013.

O curso está dirixido a todos aqueles federados membros de clubs de montaña galegos implicados na organización de actividades de montañismo. Son todas aquelas que non precisan o emprego de cordas e material de progresión y/ou seguridade de escalada, alpinismo, descenso de barrancos e esquí de montaña.

Ofertaranse vinte e cinco prazas. Os requisitos de acceso a formación publicaranse coa convocatoria do curso, quince días máis adiante desta primeira comunicación, pero avanzamos que todo aquel que desexe participar ten que ser maior de idade, ter a ESO ou formación equivalente e un curriculo deportivo do cal darase detalle na convocatoria.Os interesados poden estar pendentes de futuras novas na páxina da FGM.

         

Esta entrada fue publicada en Cursos, FGM. Guarda el enlace permanente.