Curso iniciación barranquismo Xistra

Curso barrancos 2013

Curso barrancos 2013

Pensando nos socios de Xistra interesados en tomar contacto co mundo do barranquismo, imos facer unhas prácticas básicas de rapel, nós e contacto cun pequeno descenso en río. A idea é, primeiro aprender a facer rapel en pedra seca (pode ser en Faro Budiño), aprender os movementos básicos e a facer nós e encordamentos, e logo outro día facer algunha baixada moi sinxela e controlada nalgún río.

Faremos prácticas algús días durante as tardes (de luns a venres) e algunha fin de semana. Ollo, queda pouco tempo para o descenso oficial FGM e os que queiran asistir terán que ter experiencia previa ou pasar polas prácticas.

Rogamos que os interesados se poñan inmediatamente en contacto con Xistra, co fin de programar os días correspondentes. Enviar un correo xa.

Por certo, tamén os que queiran algo máis completo, podedes apuntarvos no curso de barranquismo da FGM dos días 28 e 29 de xuño. Queda pouco prazo. O prezo podedes velo na web da FGM. Web da FGM. Datos do curso da FGM (pdf).

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, Cursos. Guarda el enlace permanente.