Actividade para federados FEDME – FGM de descenso de barrancos, a celebrar o domingo 21 de xullo de 2019.
O lugar elixido este ano é o Río Cerves, Melón.
O punto de reunión será en Melón ás 9:30 am.
Esta actividade precisa de material individual adecuado e de experiencia previa en rappel e descenso de barrancos. Quen non leve o material persoal adecuado non poderá participar na actividade, pero estará obrigado a pagar os custes igualmente.
As inscricións pecharanse o mércores 17/07/2019 ás 21:00h ou cando se acade o número máximo de inscricións para este barranco (o que suceda antes). Informarase nesta web cando estea pechado o prazo.
Os interesados deben facer a inscrición neste enlace INSCRICIÓNS