Descenso de Barrancos da FGM 2022.
O descenso será no río da Cal, no Concello do Rosal.
PROGRAMA
DÍA 5 – Actividade oficial.
10:00h: Agrupamento de participantes.
10:30 – 11:00h: Aproximación e inicio barranco.
15:00h Merenda
17h: Clausura actividade.
É necesario levar provisións para comer durante o descenso.
Material obrigatorio para realizar a actividade: casco, neopreno, calzado adecuado á actividade, arnés, daga e 3 mosquetóns (MÍNIMO 1 HMS e 2 sen seguro), 2 cabos de ancoraxe, cinta e oito.
ATENCIÓN: QUEN NON LEVE ESTE MATERIAL INDIVIDUAL NON PODERÁ FACER A ACTIVIDADE. NON HAI ESCUSAS.
IMPORTANTE:
NESTA ACTIVIDADE HABERÁ UN NÚMERO MÁXIMO DE 12 ASISTENTES.
https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/38/BARRANQUISMO-FGM-Rio-Cal-05-06-2022/
O custe de actividade son 10 €. Obrigatorio vacinación Covid-19, sen síntomas compatibles coa enfermidade e con test antixenos negativo.