Éxito 100% nos 100… Barbanza!!

A 3ª edición dos 100 dos International Trekkers celebrouse os 25-26 de xuño de 2016, saíndo da Pobra do Caramiñal ás 17:00h.  Percorreu os concellos de Ribeira, O Son, Noia, Lousame, Rianxo, Boiro para regresar á Pobra nun prazo máximo de 24 horas.  A proba podíase facer andando (ultrandaina) ou correndo (ultratrail). En calquera caso, é unha proba non competitiva, con apoio loxístico a todos os participantes (avituallamentos, asistencia médica, traslados, entrega de equipaxe nos km. 50…), sempre que entren nos tempos mínimos establecidos pola organización.
Os socios de Xistra eran máis do 8% dos 245 participantes inscritos.
Podedes ver máis datos en http://2016.itrekkers.org/

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.