Éxito – Expedición pico Khan Tengri, 7010 mts – Kirguistan

Peak of Khan Tengri at sunsetO noso socio Roberto López, Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN e DEPO-DAN), comezou e rematou unha nova expedición; neste caso a Asia.

A saída deportiva foi para ascender nunha expedición ó pico Khan Tengri, 7010 mts, na Cordilleira do Tian Shan – Kyrguyzstan.

Saída prevista: mércores 28/07/2021
Regreso previsto: martes 24/08/2021

A aventura comeza en Baiona para viaxar en avión ata Madrid, logo Estambul e Kirguistan. Logo en bus (6 horas) ata Karkara e por último en helicóptero ata o Campo Base a 4000 m.s.n.m.

A ACTIVIDADE FOI UN ÉXITO E O NOSO COMPAÑEIRO ESTÁ EN CASA GOZANDO DA EXPERIENCIA TAN POSITIVA.

Xeolocalización: mediante SPOT
Dende o seguinte enlace se poderán seguir as posicións e movementos en tempo real (si está conectado):
https://maps.findmespot.com/s/JS50#history/assets

Boa sorte e agardamos saber máis dos resultados cando regreses.

Máis datos deste monte na Wikipedia: +info

 

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, Rincón do Socio y etiquetada como , , , . Guarda el enlace permanente.