Preguntas frecuentes:
Altas e renovación de socios:
Xistra ten COTA DE ENTRADA ?Si. Pero para a primeira inscrición no club está BONIFICADA 100% e os novos socios non pagan nada pola primeira inscrición. A cota de entrada actual son 10 €.
PERO os socios que non tramiten a súa licenza un só ano, no momento de pedir o reingreso deberán PAGAR A COTA DE ENTRADA COMPLETA QUE ESTEA EN VIGOR, se desexan volver a ingresar en Xistra.
Se es un novo socio consulta “Como é a alta dun socio novo”.
Se xa es socio consulta “Como renovar a cota anual e licenza”.
Se fuches socio e queres reingresar consulta “Pasos para o reingreso”.
Para unha alta nova debes solicitar o ingreso en Xistra. Non é un proceso automático, polo que non debes pagar ata que sexas aceptado no club. Os pasos son os seguintes:
1.- Solicitas a túa alta mandando a seguinte documentación e agardando á súa aceptación polo club (precisas o aval de 2 socios).
1.1.- Fotocopia do DNI
1.2.- Unha foto tamaño carné
1.3.- Imprime, cumprimenta, pide que asinen os avalistas e entrega o seguinte documento de alta (pdf)
1.4.- FAI CHEGAR ESTES DOCUMENTOS ESCANEADOS AO CLUB MEDIANTE ESTE ENLACE DE PREINSCRICIÓN – SOLICITUDE DE PREINSCRICIÓN
2.- Unha vez que recibas a aceptación, deberás facer o pagamento da licenza e da cota social conxuntamente no número de conta que te indiquen dende o club, indicando no concepto “Licenza” e os teus apelidos.
Documentos de renovación anual de socios:
Imprime, cumprimenta e entrega o seguinte documento de renovación (pdf)
Actualiza os teus datos e fai o pagamento con este enlace PASARELA WEB PARA RENOVACIÓN DE SOCIOS
O procedemento é o mesmo que para os socios novos (con toda a achega de documentación, de avais, e co proceso de avaliación da Directiva), pero non gozarán da vantaxe da cota de entrada gratuíta, e deberán pagar a cota vixente no momento da solicitude.