XXXI MARCHA DE VIVAC
Inscricións en Xistra (trámite previo)
NOVAS DATAS: 14 e 15 de xullo de 2018
Data: 16 e 17 de xuño de 2018
Lugar: Macizo Central (Ourense)
Circular recibida en pdf
«Club Montañeiros Celtas ten o pracer de organizar de novo unha das actividades mais tradicionais do calendario da FGM.
Percorreremos a comarca de Valdeorras, retornando ao mundo romano, comenzamos en Arnado por un pequeno tramo da Vía Antonino, e remataremos en Portomourisco guiados pola canle romana de auga, despois de atravesar a serra polo alto de Mouzón (1329) e vivaquear na remota aldea de Santoalla onde Chano Piñeiro rodou Sempre Xonxa.
Remataremos o domingo degustando un xantar de confraternidade en O Bolo.
Convidarvos a participar nun encontro do que estamos seguros vai ser unha experiencia máxica.»
ACTUALIZACIÓN INFORMACIÓN
«Haberá un autobús que sae dende Vigo, ás 08 da mañá dende a Praza de España, cun custo de 12€. A comida de confraternidade do domingo é no Bolo e son 10€.
Haberá avituallamentos ao longo de todo o percorrido e darase un café quente o sábado pola noite, logo da cea. Tamén haberá coche de apoio na actividade.»
NOVA ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN
14 e 15 de xullo: XXXI MARCHA GALEGA VIVAC (por motivos alleos a organización hai cambio de data) (por motivos alleos a organización cambiouse a data prevista do 16 e 17 de xuño para o 14 e 15 de xullo)
Rogamos disculpedes os inconvintes producidos.