Para ser socio de Xistra tes que solicitar a túa alta (pasos):
- Solicitar a túa alta e agardar á súa aceptación polo club (precisas o aval de 2 socios).
- Obter a licenza federativa FGM/FEDME con XISTRA
- Pagar a cota anual de 10 €
Documentos de alta socios:
- Fotocopia do DNI
- Unha foto tamaño carné
- Imprima, cumprimente e entregue o seguinte documento de alta (pdf)
- FAGA CHEGAR ESTES DOCUMENTOS ESCANEADOS Ó CLUB MEDIANTE ESTE ENLACE DE PREINSCRICIÓN – SOLICITUDE DE PREINSCRICIÓN
ATENCIÓN: Tódalas solicitudes de inscrición no club son supervisadas pola Xunta Directiva. Poderá denegarse a inscrición daquelas persoas ás que os membros da Xunta Directiva (co visto e prace do Presidente) consideren, de forma razoada e obxectiva, inadecuadas ou que teñan realizado actividades contrarias os Estatutos sociais do noso club. Así mesmo poderán ser expulsadas aquelas persoas que, segundo Estatutos e en Aplicación da Lei do Deporte, sexan sancionadas desta forma.
Documentos de renovación anual de socios:
- Imprima, cumprimente e entregue o seguinte documento de renovación (pdf)
- Faga o pagamento con este enlace PASARELA WEB PARA RENOVACIÓN DE SOCIOS
VANTAXES DA LICENZA
- Seguro deportivo
- Préstamo de material do Club (consulta o documento de préstamo do material do Club)
- Participar con preferencia nas actividades federativas
- Gran variedade de actividades federativas, do club e cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
- Axudas económicas na tramitación dalgunhas licenzas e nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
- Prezos reducidos nos refuxios galegos
- Participar en actividades divulgativas
- Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es
ATENCIÓN: Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.
DESCONTOS EN: