I Día do Sendeirista de Galicia

Descarga o cartel

Descarga o cartel

8 de maio de 2016
Actividade federativa galega orientada a sendeiristas de tódalas idades.
Será un percorrido duns 18km, guiado, en grupo, e onde os participantes levarán a súa bebida e comida para gozar na natureza. Non está prevista a asistencia durante o percorrido da marcha e os participantes deberán contar con todo o necesario para a mesma.

Inscricións

 

Marcha:
A marcha será realizada o domingo 8 de maio de 2016. Será de tipo circular dende a Ponte das Penas (Martín), lugar de inicio do sendeiro PR-G 94.
A hora de inicio dende a Ponte das Penas será ás 10:00h.

Descarga o folleto

 

 

 

 

 

 

 

Regulamento:
1-. Esta actividade terá lugar o día 8 de maio de 2016, na Serra da Groba (con
acceso dende O Rosal).
2-. Poderán participar unicamente montañeiros federados.
3-. Os deportistas deberán ir provistos de todo o material e prendas adecuadas
para a actividade incluídas as provisións de alimentos e bebida.
4-. As inscricións efectuaranse no formulario específico da web do Clube de
Montaña Xistra, antes das 21:00 h do día 4 de maio (mércores).
5-. Os participantes nesta actividade asumen a aceptación completa deste
regulamento. Calquera cuestión ou dúbida será resolta pola Organización, e a súa
decisión será de obrigado cumprimento.
6-. Os participantes comprométense a seren respectuosos ó máximo co contorno.
Queda prohibido totalmente deixar lixo ou residuos.
7-. A Organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
8-. SÓ PODERÁN PARTICIPAR ÓS FEDERADOS QUE FAGAN A INSCRICIÓN NA WEB
DE XISTRA E QUE PRESENTEN CUMPRIMENTADA A FOLLA DE INSCRICIÓN
OBRIGATORIA VIXENTE E DISPOÑIBLE NA PÁXINA WEB DA FEDERACIÓN.