II Día do Sendeirista Galego – FGM – 2/04/2017

Actividade federativa a celebrar o domingo día 2 de abril de 2017 (despois da marcha de 50km de Padrón).
Será no concello de Touro (A Coruña) e transcorrera na meirande parte polos sendeiros PRG 93 e PRG 121, cun percorrido de aprox. 22 km a carón dos ríos Ulla e Lañas. Rematada a mesma os participantes recibirán un agasallo conmemorativo.
As inscricións faranse chamado a Xistra. O prazo para anotarse a esta actividade remata o mércores 29 de marzo ás 21h.
Sairá un autobús dende a Praza de España de Vigo, ás 7,30h, polo prezo de 10€.
IMPORTANTE: Comentarvos que cada participante deberá levar a súa propia comida pois haberá unha parada durante a marcha para xantar. Unha vez rematado o percorrido poderemos parar en Touro para tomar algo quente ou cambiarnos.

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.