This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Sun Nov 24 19:47:20 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: II Día do Sendeirista Galego - FGM - 2/04/2017 --------------------------------------------------- Actividade federativa a celebrar o domingo día 2 de abril de 2017 (despois da marcha de 50km de Padrón). Será no concello de Touro (A Coruña) e transcorrera na meirande parte polos sendeiros PRG 93 e PRG 121, cun percorrido de aprox. 22 km a carón dos ríos Ulla e Lañas. Rematada a mesma os participantes recibirán un agasallo conmemorativo. As inscricións faranse chamado a Xistra. O prazo para anotarse a esta actividade remata o mércores 29 de marzo ás 21h. Sairá un autobús dende a Praza de España de Vigo, ás 7,30h, polo prezo de 10€. IMPORTANTE: Comentarvos que cada participante deberá levar a súa propia comida pois haberá unha parada durante a marcha para xantar. Unha vez rematado o percorrido poderemos parar en Touro para tomar algo quente ou cambiarnos. --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/DiaSend-150x150.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2017-04-25 16:10:26 Post date GMT: 2017-04-25 14:10:26 Post modified date: 2017-04-25 21:55:33 Post modified date GMT: 2017-04-25 19:55:33 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com