Información FGM – Nova Regulación sobre a práctica deportiva federada a partires do 21 de xaneiro 2021

Información FGM – Nova Regulación sobre a práctica deportiva federada a partires do 21 de xaneiro 2021

Solicitan dende a Federación Galega de Montañismo que lle deamos máxima difusión a esta información.

<< Información importante para a práctica deportiva que vai entrar en vigor esta noite as 00,00 horas.

Aféctanos a todos e todas as federadas sen excepción.

As novas con condicións para o deporte federado son as seguintes:

*Aprázanse todas as competicións da FGM de todas as especialidades deportivas.
*Aprázanse todos os cursos de formación deportiva da FGM.
*Todos e todas aquelas deportistas que vivan nun municipio confinado, non se poderán desprazar fora del para os adestramentos.
*A FGM non pode emitir certificados de mobilidade e quedan sen efecto os expedidos ata hoxe.
*O adestramento terá que ser fundamentalmente individual, e en caso de ser grupal, o número máximo será de catro, excluíndo ao adestrador – monitor.
*É obrigatorio o cumprimento do toque de queda. Hai que rematar con antelación o adestramento para atoparse na casa segundo o toque de queda vixente.
*Aqueles clubs que teñan salas de adestramento terán que cumprir a normativa: grupos máximos de catro, excluíndo o técnico, e sempre que non se supere o 50 % do aforo permitido.

A día de hoxe non temos data de cando se desactivaran as restricións, supoñemos que estará en función da evolución da pandemia.
A todo o colectivo de federados vos pedimos paciencia e especialmente moita precaución para non verse afectado ou afectada pola enfermidade da COVID-19.
Animámosvos a manter programas de adestramento adaptados á nova situación, sendo conscientes de que esta situación remitirá e a nosa vida volvera a ser normal.

Enlace web para a Orde de 19 de xaneiro, DOG 11-Bis

José Manuel Pérez Prego
Director Técnico da FGM >>

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, FGM y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.