INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE LICENZAS 2018

O CLUBE DE MONTAÑA XISTRA SÓ VAI TRAMITAR LICENZAS FEDME.

En acordo da Xunta Directiva tomado por unanimidade O DÍA 20/12/2017 decidiuse que o Clube de Montaña Xistra non vai tramitar licenzas autonómicas FGM. Só van poder tramitarse licenzas FEDME.

Na sesión tomouse o acordo tal como indicamos: «Ante la opción de tramitar licenzas FEDME ou autonómicas para o exercicio 2018, a Xunta Directiva toma o acordo unánime de tramitar unicamente as licenzas FEDME. Polo tanto para ser socio do C.M. Xistra deberase facer o pagamento da cota anual e dunha licenza FEDME

ESTA INFORMACIÓN E DECISIÓN PASA A SER PÚBLICA E NON ADMITE EXCEPCIÓNS. SE ALGUÉN DESEXA TRAMITAR A LICENZA AUTONÓMICA CON COBERTURAS LIMITADAS DEBERÁ FACELO NOUTRAS ENTIDADES DEPORTIVAS.


Nota: Xa están os prezos das licenzas na web da federación e na de Xistra. No club, por temas de peche contable, imos comezar a tramitalas a partir do día 1 de xaneiro.
Para os socios o proceso vai ser moi fácil, pois en Xistra estamos traballando nun sistema de reserva e pagamento por web. Recibiredes máis información a primeiros de ano.
Saúdos e felices festas.
O Presidente

         

Esta entrada ha sido publicada en FGM, Rincón do Socio y etiquetada como , , . Guarda el enlace permanente.