Información sobre cotas e licenzas 2026

🏔️ LICENZAS FEDERATIVAS 2026

Xestión a través do Clube de Montaña Xistra

✅ Preinscrición 2026 xa dispoñible!

Xa podes realizar a túa preinscrición para as licenzas e a cota de socio de 2026. Recomendamos facelo canto antes para garantir a cobertura dende o 1 de xaneiro.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN 2026

O Clube de Montaña Xistra informa a todas as persoas socias sobre o inicio do proceso de tramitación das licenzas da Federación Galega de Montañismo (FGM) e da Federación Española (FEDME) para a tempada 2026.


Socios: Cota do Clube 2026

  • Cota Xeral: 30 €. Esta cota aplícase a todas as persoas socias maiores de idade, independentemente da modalidade de licenza elixida.
  • Menores de Idade: Poderán ter acceso a subvencións na cota do club. É fundamental que a tramitación se realice e se complete durante o mes de xaneiro para poder beneficiarse destes descontos.

Documentación e Prezos Oficiais

A información detallada sobre coberturas, modalidades e o prezo das licenzas 2026 está dispoñible nos documentos oficiais da FGM:


📄 Táboas de Prezos FGM 2026


📄 Táboas de Prezos FEDME 2026


🔗 Novidade Oficial FGM

Lembrade que a cota do club (30 €) é adicional ao prezo da licenza federativa.

Esta entrada fue publicada en Varios. Guarda el enlace permanente.