This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Thu Nov 21 22:14:49 2024 / +0000 GMT |
Interpretación da aplicación do Decreto 3/2021 e da Orde do 13 de xaneiro de 2021 ao deporte federado (subido 15/01/2020)Trasladamos a información recibida de forma indirecta dende a Xunta de Galicia. " Texto enviado pola Xunta de Galicia: Na data de onte publicouse o Decreto 3/2021, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, e a orde Orde do 13 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos cales se adoptan novas medidas preventivas do contaxio da COVID-19. Con carácter xeral recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia, limitándose a mobilidade o máximo posible. Neste senso, esta é a óptica ou criterio sobre os que ten que pivotar o desenvolvemento da actividade deportiva federada, nun momento de excepcionalidade e que a evolución da pandemia esixe ser extremadamente cauteloso e responsable. Aínda con todo, o deporte federado nas normas citadas segue a estar dotado dun status propio, polo que a súa práctica segue a estar permitida debendo de axustarse ao disposto nos respectivos Protocolos aprobados segundo o modelo Fisicovid-Dxtgalego. Non obstante, isto non implica que as excepcións nas limitacións impostas sexan totais senón que é preciso que se baseen en causas xustificadas. Así con respecto as restricións de mobilidade de ou cara ás localidades con peches perimetrais mantense o mesmo criterio interpretativo que ata o de agora, considerándose situación xustificadas:
Con respecto ao cumprimento á limitación da mobilidade nocturna entre as 22:00 h e as 06:00h, como regra xeral e en atención á situación epidemiolóxica actual esta hora debe de respetarse, polo que os adestramentos e competicións deben de rematar un pouco antes das 22:00 h, permitíndose o desprazamento con posterioridade para o regreso ao domicilio habitual. " |
Post date: 2021-01-15 12:40:38 Post date GMT: 2021-01-15 10:40:38 Post modified date: 2021-01-15 12:52:39 Post modified date GMT: 2021-01-15 10:52:39 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |